José Garra Garra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Ponteareas, España |
Morte | xaneiro de 1963 (66/67 anos) Vigo, España |
Alcalde de Tui | |
1931 – 1933 – Jacinto Fernández Lago → | |
Alcalde de Tui | |
25 de xaneiro de 1924 – agosto de 1925 – Ramiro Sabell Mosquera → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
José Garra Garra, nado en Ponteareas en 1896 e finado en Vigo en xaneiro de 1963, foi un industrial e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dunha familia adiñeirada propietaria da fábrica de curtidos La Perillana en Ponteareas. Era sobriño de Amado Garra e Emilio Garra Castellanzuelo. Enxeñeiro técnico. Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Ponteareas o 25 de xaneiro de 1924, permanecendo no cargo ata agosto de 1925, cando presentou a dimisión como alcalde e concelleiro logo de que o Gobernador civil destituíse aos seis concelleiros agrarios e ao concelleiro socialista.
Casou en 1927 con María Luisa Vieitez Soto e instalouse en Tui, onde se incorporou en 1930 como socio e xerente á empresa Oliveira, Valencia y Compañía que producía as galletas La Peninsular. Coa Segunda República foi o primeiro alcalde republicano de Tui, posto do que dimitiu a finais de 1933. Despois trasladouse a Vigo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de rebelión militar e encadeado, librou do pelotón de fusilamento pola súa amizade co xeneral Mola, a quen tiña traslado no seu auto ata Lisboa anos antes. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941. Despois da guerra pasou a residir en Madrid para facilitar os estudos da súa filla Carmela. Finou en Vigo en xaneiro de 1963.[1]
Predecesor: José Gil Marín |
Alcalde de Ponteareas 1924 - 1925 |
Sucesor: Ramiro Sabell Mosquera |
Predecesor: Benito Pérez Álvarez |
Alcalde de Tui 1931 - 1933 |
Sucesor: Jacinto Fernández Lago |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 19-1-1963, p. 13.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- A fábrica de galletas "La Peninsular"
- José Garra Garra na páxina web Nomes e Voces.